10/4/11

COLÉMBOLO 

(Collembola)


Os colémbolos tamén reciben o nome de saltaríns, pulgas de neve ou saltadores de cola. Son uns insectos primitivos apenas visibles a simple vista xa que o seu tamaño atópase entre 1 e 5 mm de longo. Son artrópodos hexápodos (como os insectos, aínda que non son propiamente insectos) Poden ser de cores variadas como: negro, branco, amarelo, lavanda, vermello, verde ou dourado. Normalmente son habitantes de substratos húmidos, xogando un papel ecolóxico importante na formación de humus (por iso habitan con frecuencia no ecosistema da lombriga vermella de California). Habitan con frecuencia no chan dos bosques. Probablemente son os animais máis numerosos da Terra (coñécense 7900 especies) e o seu rexistro fósil data dende o Devónico, polo que é un dos animais terrestres máis antigos. Ás veces, pódense considerar unha praga ao alimentarse de cereais e leguminosas, como é o caso da Protaphorura armata (antigamente coñecida co nome de Onychiurus armatus), que é un dos poucos colémbolos herbívoros coñecidos. De feito, en España, constituíu unha praga en remolacha azucreira no ano 1996.

Todo ser vivo ten unhas funcións específicas dende que nace ata que morre, e as dos colémbolos son:
-      Fraccionar e triturar restos vexetais, o que fai que aumente a superficie de implantación da microflora.
-      Participar na formación do humus.
-      Participar no control e dispersión dos microorganismos xa que os materiais que inxiren son imperfectamente dixeridos.


Algúns datos de interese sobre os colémbolos poderían ser que:
-      O seu ciclo de vida é o seguinte:
o   Os ovos son de forma esférica e o seu diámetro mide 0,2 mm.
o   Poñen ovos de forma individual ou en grupos. As crías nacen aos dez días e tardan seis días máis en converterse en adultos.
o   Os colémbolos adultos poden vivir ata un ano.
-      Son bos e inofensivos e “férreos inimigos mortais” dos ácaros.
-      A posición que ocupan na escala zoolóxica é:
o   Filo: Arthropoda
o   Subfilo: Hexapoda
o   Clase: Collembola

En canto á súa morfoloxía, os colémbolos teñen as seguintes características:
-      Teñen un corpo globoso ou alongado e cilíndrico.
O corpo dos colémbolos está dividido en cabeza, tórax e abdome.
Cabeza:
-      Sobre a cabeza atópanse dúas antenas segmentadas que forman catro artellos. Estes artellos teñen musculatura propia, polo que se poden mover de forma independente.
-      Detrás das antenas atópase un órgano sensorial postantenal, chamado “Órgano de Tömösvary”. Este ten forma variable e serve para percibir estímulos químicos ambientais.
-      A súa cabeza carece de ollos compostos. Soamente presenta entre un e oito ocelos por cada lado da cabeza que están situados detrás das antenas e do órgano postantenal.
-      O aparato bucal é de tipo mastigador xeralmente.
Tórax:
-      No tórax existen tres pares de patas.
-      Carecen de ás.
Abdome:
-      O abdome está formado por seis segmentos (mentres que o resto dos artrópodos adoitan ter once)
-      A abertura xenital atópase no quinto segmento e carece de estruturas externas relacionadas coa reprodución.
-      No primeiro segmento hai unha substancia viscosa chamada colóforo que lle permite ao animal adherirse a  substratos moi lisos.



-     No abdome tamén se atopan tres pares de apéndices entre os que destaca:
   A fúrcula (situada no cuarto semento). Esta fúrcula é o apéndice retráctil que lle permite aos colémbolos propulsarse varias veces o longo do seu corpo (por isto, tamén se coñecen co nome de “saltaríns”).


A continuación podedes ver uns vídeos de unha colémbola que grabamos nós coa axuda dun microscopio.


No hay comentarios: