Lombriga Vermella de California
A lombriga vermella de California ou Eisenia Foetida é unha especie de lombriga de terra do xénero eisenia,pertencente á Familia Lumbricidae .É hermafrodita incompleta (ten ámbolos dous sexos,pero para reproducirse ten que aparearse).
A lombriga vermella Californiana é unha das moitas variedades de lombrigas obtidas mediante cruces para o seu emprego na Lombricultura.Chámase "californiana" porque foi en California onde se empezou a prestar atención ao seu efecto beneficioso para o mantillo.
Hábitat:
Hábita nos primeiros 50 centímetros do solo, por tanto é moi susceptible aos cambios climáticos que se produzan. É fotofóbica,é dicir, os raios ultravioletas poden perxudicala gravemente, ademáis da excesiva humidade,a acidez do medio e a incorrecta alimentación.
Cando a lombriga vermella cava os túneles no solo blando e húmedo,succiona ou chupa coa farinxe evaxinada ou bulbo musculoso.Dixire de ela as partículas vexetais ou animais en descomposición e volven á superficie para expulsar polo ano á terra.
Sempre teñen que ter un 70% de humidade para facilitar a inxestión do alimento e o deslizamento ó traveso do material. Se a humidade non é a adecuada pode supoñer a morte da lombriga.
En canto a temperatura, para o crecemento das lombrigas, ten que estar entre os 12ºC e 25ºC e para a formación dos ovos ten que ser de 12ºC a 15ºC.
Alimentación:
O alimento que se lle proporcionará será materia orgánica parcial ou totalmente descomposta. Se non é así as elevadas temperaturas xeradas durante o proceso de fermentación (ata 75ºC), matarían ás lombrigas.
Os alimentos orgánicos útiles para á alimentación das lombrigas son moi variados, destacando entre moitos:
-Restos de serrerías e industrias relacionadas coa madeira.
-Desperdicios dos matadeiros.
-Residuos vexetais procedentes de explotacións agrícolas.
-Esterco de especies domésticas.
-Froitas e tubérculos non aptos para o consumo vexetal e humano.
-Fangos de depuradoras.
-Lixos.
· Características do xén. Eisenia :
- Teñen simetría bilateral, é dicir, existe un só plano de simetría que as divide en dúas metades iguais.
- O seu corpo é alongado e segmentado.
- Obteñen o osíxeno que necesitan ó traveso da pel, é dicir, son de respiración cutánea.
- Posúen un tubo dixestivo completo, extendido ó longo de todo o seu corpo.
- O seu sistema circulatorio é pechado,está formado por dous vasos lonxitudinais: dorsal e ventral.
- O sistema nervioso destas lombrigas está formado por: un par de ganglios cerebroides, un colar periesofáxico e un cordón nervioso ventral.
- O sistema excretor está formado por un par de nefridios típicos por somita (segmento), que eliminan os produtos de refugallo directamente do celoma (cavidade corporal) e do torrente circulatorio ao exterior.
- Os seus excrementos conteñen cinco veces máis nitróxeno, sete veces máis fósforo, cinco veces máis potasio e dúas veces máis calcio do material orgánico que inxeriron.
- Son hermafroditas (posúen ambos sexos) polo que poden aparearse indistintamente, pero non acostuman a autofecundarse.
·
Composición da lombriga vermella de California:
Composición da lombriga vermella de California:
-
80% de auga
20% de materia seca (entre uns 60% e 65% de proteínas)
80% de auga
20% de materia seca (entre uns 60% e 65% de proteínas)
Aquí comparamos a lombriga vermella de California coa lombriga terrestre:
Nomenclatura binomial | Eisenia foetida (lombriga vermella de California) | Lombricus terrestris (lombriga terrestre) |
Promedio de vida | 18 anos | 4 anos |
Frecuencia de apareamento | 7 días | 45 días |
Número de nados/ovo | De | De |
Lombrigas por ano | 1500 | 200 |
Lonxitude | De | De |
Peso medio | De | Arredor dun gramo |
Ciclo bioloxico da Eisenia foetida:
En condicións térmicas óptimas engadiranse entre 15 e 30 kg de alimento por leito, nunha capa de 5 ou 10 cm, cada 10-15 días.
Ciclo de Vida:
Son hermafroditas, non se autofecundan, polo tanto é necesaria a cópula, a cal ocorre cada 7 ou 10 días. Logo cada individuo coloca una cápsula (ovo en forma de pera de cor amarelo) duns 2 mm da cal emerxen de 2 a 21 lombrigas despois dun período de incubación de 14 a 21 días, dependendo da alimentación e dos coidados.
Nesta imaxe, represéntase o ciclo de vida das lombrigas xuntando varias fotografías realizadas por nós nas que se aprecian os cocóns e as lombrigas ao saír deles:
A continuación, e aínda que non e noso, presentámosvos este estupendo video sobre o nacemento das lombrigas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario