11/4/11


                        O futuro da lombricultura



Eisenia foetida no futuro:

 A Eisenia foetida é criada en cautividade (lombicultura) por moitas empresas co obxetivo de xerar humus de lombrigas, un fertilizante orgánico que aporta cantidades equilibradas de distintos nutrientes. Contén enzimas que favorecen a asimilación dos nutrientes e modifica a estrutura do solo facilitando a súa aireación. Neste intre, a ‘industria’ da lombricultura  parece estar en auxe e é unha actividade con gran futuro xa que a forma de producir humus na natureza pode levar anos, mentras que a forma de creación do humus das lombrigas é casi automática; ademáis, a súa cría masiva contribúe a eliminar residuos e o producto natural obtido é de gran utilidade para a recuperación de solos degradados e é de especial utilidade na agricultura, horticultura e xardinería.

Ecocelta é unha empresa de Ponteareas dedicada á  producción de abonos ou fertilizantes orgánicos, naturais e certificados para uso na Agricultura Ecolóxica. Entre os productos que oferta atoparemos o humus de lombriga, na súa versión sólida ou líquida, o compost ou abono orgánico no seu formato sólido ou en pastillas ou pellets (un substrato universal abonado listo para empregarse en macetas ou directamente sobre o solo). 


No hay comentarios: